SUMAMOS EN GALEGO
O
proxecto para celebrar as Letras Galegas buscou potenciar a oralidade
coa axuda de toda a Comunidade Educativa, porque a fala é a vida dunha
lingua e porque buscamos que se mesture a tradición e a modernidade;
que a poesía se convirta en música e os contos en imaxinación e ilusión.
Que a creatividade sexa o motor das actividades e as novas tecnoloxías
un medio útil para expresala. Que do sentimento de ser galego naza un
sorriso de esperanza nas xeracións novas.
Traballamos
todo o alumnado a vida e obra do autor con actividades interactivas nos
taboleiros dixitais e unha presentación en forma de conto que nos fala
deste gran escritor galego.
Nos cursos animámos a creatividade, imaxinación e o sentimento de ledicia de ser galego:
Infantil:
Conto dos Chivos, chivóns na biblioteca e un gaiteiro tocou e cantaron
a muiñeira popular “A saia da Carolina” e o “Himno Galego”
1º de Primaria: Facemos instrumentos musicais con xeito galego. Canto ritmo!
2º de Primaria:
Contos con monicreques: Os tres porquiños, Carapuchiña vermella,
Brancaneves e os sete enaniños e Riciños de ouro. Farán as delicias dos
nenos e nenas!
3º de Primaria: Cómic da vida e obra de Xosé Filgueira. Moito arte!
4º de Primaria: Debuxos de Jorge Peteiro. Que gran pintor galego!
5º de Primaria: Reggae con moito ritmo. Ser galego, ponme ledo!
Contamos
tamén cun gaiteiro que achegou o instrumento aos mais pequenos,
agradecémoslle ao alumno David Aguión á súa implicación .
O
APA ofreceu unha obra de teatro para infantil ,1º,2º e 3º (Feo) e
outra para 4º ,5º e 6º (As fabas máxicas) que gustou moito aos alumnos.
Rematamos cunha celebración na que amosamos todo o feito nestas datas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario