martes, 23 de junio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015: O AUTOR HOMENAXEADO É XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


SUMAMOS EN GALEGO

O proxecto para celebrar as Letras Galegas buscou potenciar a oralidade coa axuda de toda a Comunidade Educativa, porque a fala é a vida dunha lingua e porque buscamos  que se mesture a tradición e a modernidade; que a poesía se convirta en música e os contos en imaxinación e ilusión. Que a creatividade sexa o motor das actividades e as novas tecnoloxías un medio útil para expresala. Que do sentimento de ser galego naza un sorriso de esperanza nas xeracións novas.
Traballamos todo o alumnado a vida e obra do autor con actividades interactivas nos taboleiros dixitais e unha presentación en forma de conto que nos fala deste gran escritor galego.
Nos cursos animámos a creatividade, imaxinación e o sentimento de ledicia de ser galego:
Infantil: Conto dos Chivos, chivóns  na biblioteca e un gaiteiro tocou e cantaron a muiñeira popular “A saia da Carolina” e o “Himno Galego”
1º de Primaria: Facemos instrumentos musicais con xeito galego. Canto ritmo!
2º de Primaria: Contos con monicreques: Os tres porquiños, Carapuchiña vermella, Brancaneves e os sete enaniños e Riciños de ouro. Farán as delicias dos nenos e nenas!
3º de Primaria: Cómic da vida e obra de Xosé Filgueira. Moito arte!
4º de Primaria: Debuxos de Jorge Peteiro. Que gran pintor galego!
5º de Primaria: Reggae con moito ritmo. Ser galego, ponme ledo!
6º de Primaria: Rap que nos fai a todos bailar! 6A - 6B - 6C - 6D
Contamos tamén cun gaiteiro que achegou o instrumento aos mais pequenos, agradecémoslle ao alumno David Aguión á súa implicación .
O APA ofreceu unha obra de teatro para infantil ,1º,2º e 3º (Feo)  e outra para 4º ,5º e 6º (As fabas máxicas) que gustou moito aos alumnos.
Rematamos  cunha celebración na que amosamos todo o feito nestas datas.