miércoles, 2 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO NOVO CURSO!

Este ano o autor homenaxeado na celebración das Letras Galegas é o escritor Manuel María,


 ó longo de este curso coñeceremos un poco máis da súa vida e obra.




martes, 23 de junio de 2015

LETRAS GALEGAS 2015: O AUTOR HOMENAXEADO É XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE


SUMAMOS EN GALEGO

O proxecto para celebrar as Letras Galegas buscou potenciar a oralidade coa axuda de toda a Comunidade Educativa, porque a fala é a vida dunha lingua e porque buscamos  que se mesture a tradición e a modernidade; que a poesía se convirta en música e os contos en imaxinación e ilusión. Que a creatividade sexa o motor das actividades e as novas tecnoloxías un medio útil para expresala. Que do sentimento de ser galego naza un sorriso de esperanza nas xeracións novas.
Traballamos todo o alumnado a vida e obra do autor con actividades interactivas nos taboleiros dixitais e unha presentación en forma de conto que nos fala deste gran escritor galego.
Nos cursos animámos a creatividade, imaxinación e o sentimento de ledicia de ser galego:
Infantil: Conto dos Chivos, chivóns  na biblioteca e un gaiteiro tocou e cantaron a muiñeira popular “A saia da Carolina” e o “Himno Galego”
1º de Primaria: Facemos instrumentos musicais con xeito galego. Canto ritmo!
2º de Primaria: Contos con monicreques: Os tres porquiños, Carapuchiña vermella, Brancaneves e os sete enaniños e Riciños de ouro. Farán as delicias dos nenos e nenas!
3º de Primaria: Cómic da vida e obra de Xosé Filgueira. Moito arte!
4º de Primaria: Debuxos de Jorge Peteiro. Que gran pintor galego!
5º de Primaria: Reggae con moito ritmo. Ser galego, ponme ledo!
6º de Primaria: Rap que nos fai a todos bailar! 6A - 6B - 6C - 6D
Contamos tamén cun gaiteiro que achegou o instrumento aos mais pequenos, agradecémoslle ao alumno David Aguión á súa implicación .
O APA ofreceu unha obra de teatro para infantil ,1º,2º e 3º (Feo)  e outra para 4º ,5º e 6º (As fabas máxicas) que gustou moito aos alumnos.
Rematamos  cunha celebración na que amosamos todo o feito nestas datas. 






martes, 26 de mayo de 2015

MÚSICA GALEGA EN INFANTIL

Os máis pequenos do cole convertíronse en gaiteiros e gaiteiras!!! Que bonito e tocar os instrumentos!!






































































                                                                   





















































miércoles, 25 de marzo de 2015

XOGOS TRADICIONAIS NA ESCOLA

Os rapaces xogan como facían os seus avós!!! Aprenden a cultura tradicional da súa terra cheos de ledicia!!!




















































                                            










lunes, 16 de febrero de 2015

O ENTROIDO

Nestas datas de celebración o tempo non nos acompañou pero pasámolo de marabilla comendo e desfilando todos xuntos co estómago cheo de filloas, rosquillas, orellas...
Non podían estar máis ricas!!














domingo, 16 de noviembre de 2014

O MAGOSTO E O SAMAÍN

Comemos moitas castañas e postres típicos. Estabaaaaaaan... de medo!!!
Que ben cociñan mamá, papá, a avoa e o avó!!!
Tamén fixemos obradoiros, contamos contos, escoitamos música...
Que bonitas e divertidas son a festa do Magosto e o Samaín !














































































miércoles, 1 de octubre de 2014

TI TAMÉN SUMAS

Benvidos a este novo curso 2014/15 no que todos xuntos sumamos nas nosas aulas.
MIRADE QUE COUSA MÁIS LINDA!!!